sábado, 13 de febreiro de 2021

Boa práctica de uso de TAD

Moi boas de novo! Veño a comentarvos que... consultando a páxina web de TecnoNEED, analicei un exemplo de boa práctica usando recursos dixitais en contexto de atención á diversidade. En concreto, decanteime por unha proposta que se centraba no aprendizaxe do alumnado con TEA das emocións básicas e das crenzas, a través de materiais didácticos en formato impreso e CD-ROM. 💿

Pareceume un aspecto importante a tratar co alumnado que presenta este trastorno, ademais de levalo a cabo dunha maneira didáctica e interactiva, para axudarlles a comprender os diferentes sentimentos e pensamentos alleos. Así pois, déixovos por aquí o enlace ao documento enteiro, por se lle queredes botar unha ollada! 👀http://diversidad.murciaeduca.es/tecnoneet/docs/2004/3-42004.pdf

venres, 12 de febreiro de 2021

PRESENTACIÓN

 Ola a todos e todas, benvidos/as ao meu e-portafolio! 😄


Chámome Sheila e atópome estudando o Máster en Necesidades Específicas de Apoio Educativo da Universidade de Vigo. Así pois, neste portafolio centrareime e achegar diferentes recursos focalizados nas necesidades do alumnado con
Trastorno de Espectro Autista (TEA).

A grandes rasgos, o TEA trátase dunha afección neurolóxica e de desenvolvemento que se inicia no nacemento e perdura durante toda a vida da persoa que o presente. As características máis salientables deste trastorno son a afectación en canto ao comportamento, á interacción con outras persoas, aos procesos de adquisición de aprendizaxe e á comunicación.