Moi boas de novo! Veño a comentarvos que... consultando a páxina web de TecnoNEED, analicei un exemplo de boa práctica usando recursos dixitais en contexto de atención á diversidade. En concreto, decanteime por unha proposta que se centraba no aprendizaxe do alumnado con TEA das emocións básicas e das crenzas, a través de materiais didácticos en formato impreso e CD-ROM. 💿
Pareceume un aspecto importante a tratar co alumnado que presenta este trastorno, ademais de levalo a cabo dunha maneira didáctica e interactiva, para axudarlles a comprender os diferentes sentimentos e pensamentos alleos. Así pois, déixovos por aquí o enlace ao documento enteiro, por se lle queredes botar unha ollada! 👀http://diversidad.murciaeduca.es/tecnoneet/docs/2004/3-42004.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario