luns, 29 de marzo de 2021

REFLEXIÓN TEÓRICA

En qué mellora o DUA na atención educativa do alumnado con Trastorno de Espectro Autista?

O DUA (Deseño Universal de Aprendizaxe) permite que o currículo poida desenvolverse en igualdade de oportunidades para todo o estudantado, polo tanto, contémplase un deseño totalmente inclusivo para o alumnado TEA.

Tendo en conta o actual camiño da sociedade cara unha completa dixitalización, o DUA proporciona novas formas de presentar a información, polo que se reducen as barreiras na ensinanza. Isto permite que o alumnado TEA poida acceder á información de igual maneira que os demais alumnos e alumnas, a través da base da tecnoloxía e das redes de aprendizaxe.

Así pois, o DUA mellora na atención educativa do alumnado TEA en canto á súa completa inclusión e fomentando a igualdade de oportunidades mediante a inserción dixital.

As formas xeométricas, traballadas co recurso WORDWALL segundo o DUA

Boas amiguiños e amiguiñas! No día de hoxe tráiovos outra ficha de análise e outra adaptación dunha actividade, esta vez da de FORMAS XEOMÉTRICAS, creada co recurso WORDWALL, dende o punto de vista do DUA. Botádelle un ollo e pasádeo xenial nesta Semana Santa! 🎇

Nome do recurso: Formas xeométricas, traballadas co recurso WORDWALL. PINCHA AQUÍ

Contido que traballa: As formas xeométricas. Débese observar con detemento e recoñecer as formas xeométricas que aparecen nas diferentes toupas.

Punto de partida (describir o recurso):

Co recurso WORDWALL, créase a actividade “FORMAS XEOMÉTRICAS”. Nesta, o alumnado TEA ten que fixarse ben e golpear as toupas que teñan formas xeométricas, desa forma irán pasando os distintos niveis do xogo.


Adaptación do recurso segundo o DUA:

  1.  Proporcionar múltiples formas de presentación:

Amais da presentación visual, esta actividade conta con audio (contén sons para cando se golpean as toupas) e poderase oír unha explicación da mesma.

  1.  Proporcionar múltiples formas para a acción e a expresión:

Esta actividade pódese realizar a través das TIC ou senón manualmente cunha adaptación da mesma. Conta cunha táboa de valoración dos resultados, pero estes poden ser expresados tamén de forma oral ou escrita.

  1.  Proporcionar múltiples formas de motivación:

Os recursos visuais e auditivos (que integran a actividade e os engadidos) motivarán ao alumnado á hora de executar este xogo educativo.


Necesidade de mellora:

  • Incorporar un audio explicativo sobre a realización da actividade.

  • Incluir máis opcións de linguas para a elaboración da tarefa.

sábado, 27 de marzo de 2021

As emocións, traballadas co recurso EDUCAPLAY segundo o DUA

Ola chuliños/as! Hoxe tráiovos unha ficha de análise e unha adaptación da actividade AS EMOCIÓNS, elaborada co recurso EDUCAPLAY, dende o punto de vista do DUA. Espero que vos guste! 😉

Nome do recurso: As emocións, traballadas co recurso EDUCAPLAY. PINCHA AQUI!

Contido que traballa: As emocións básicas. Débense saber relacionar as diferentes emocións cos pictos correspondentes. 

Punto de partida (describir o recurso):

A través da ferramenta EDUCAPLAY, créase a actividade “AS EMOCIÓNS”, na cal o alumnado TEA debe saber relacionar correctamente imaxes reais de emocións cos seus pictos correspondentes.


Adaptación do recurso segundo o DUA:

  1.  Proporcionar múltiples formas de presentación:

Ademais da presentación visual da actividade, contarase cun audio explicativo.

  1.  Proporcionar múltiples formas para a acción e a expresión:

A maneira de realizar esta actividade pode ser a través das TIC ou manual e, a expresión dos resultados da mesma poden ser virtuais ou orais.

  1. Proporcionar múltiples formas de motivación:

Os recursos visuais (imaxes reais e pictogramas coñecidos) e auditivos (voz coñecida) poderán motivar ao alumnado á hora de realizar a actividade.


Necesidade de mellora:

  • Agregar audio explicativo da actividade a realizar.

  • Posibilidade de incorporar na actividade sons que indiquen cada vez que o alumnado acerta ou falla.

  • Incluir un ranking de puntuación ou valoración motivacional para o alumnado.

sábado, 6 de marzo de 2021

10 RECURSOS DIXITAIS PARA TEA

Boas rapaciños e rapaciñas! 😛 Veño a ensinarvos 10 recursos dixitais súper interesantes para apoiar as necesidades educativas de alumnado TEA!!!

Déixovolos deseguido para que lle botedes unha visual, contádeme que vos parecen, se coñecedes algún ou ben engadide máis nos comentarios! 👀🔍💻

1. In-TIC: esta aplicación gratuíta posibilita a comunicación, a aprendizaxe e o entretemento mediante un acceso simplificado ao ordenador e ao móbil e un comunicador dinámico.

2. ARASAAC: é un Sistema Aumentativo e Alternativo de Comunicación (SAAC) que emprega pictogramas para facilitarlle a comunicación ás persoas que teñen dificultades no mesmo.

3. AgendaTEA: é unha aplicación para tabletas ou móbiles que serve para crear axendas con pictogramas e/ou texto para precisar as actividades a realizar ao longo do día, aprender a temporalidade dun día, coñecer as letras e asociar cada palabra coa súa correspondente imaxe e, finalmente, tamén pode empregarse como sistema de comunicación mediante pictogramas ou entre a escola e a casa.

4. DictaPicto: trátase dunha app que ten como obxectivo mellorar o acceso á información das persoas con TEA e facilitarlles a comprensión da súa contorna, mediante información visual.

5. LetMeTalk: é unha app gratuita, que permite a creación de frases con pictogramas e a escoita das mesmas, así como a busca de diferentes imaxes ou a creación das mesmas.

6. PictoTEA: esta aplicación está deseñada para axudar a comunicarse a persoas con TEA, TXD ou calquera afección que dane as súas habilidades sociais e comunicativas. PictoTEA permite ser personalizada segundo 5 etapas con diferente grao de dificultade, segundo o avance do suxeito.

7. AutisMIND: é unha app que se centra en estimular o desenvolvemento da Teoría da Mente e a cognición social nos rapaces e rapazas con TEA.

8. Las pelusas se mudan de casa: trátase dun conto dixital e PDF con pictogramas que inclúe tamén unha app interactiva, ambos para traballar o inicio na lectura de alumado con NEAE.

9. Smile and Learn: esta app educativa está destinada a entrenar as intelixencias múltiples e as capacidades congitivas de todo tipo de alumnado (TEA, Down...) con máis de 5.000 actividades, xogos, contos e vídeos en varios idiomas.

10. El ABC de Irene: trátase dunha aplicación que permite escribir frases ou palabras a través de escoitar audios, copiar as palabras que aparecen na pantalla ou traballar con imaxes.

WORDWALL

Ola amiguiños/as! Tráiovos outra ferramenta moi interesante, chamada WORDWALL, coa que creei unha actividade para traballar as formas xeométricas!

Esta actividade está destinada para ser realizada na materia de matemáticas a través dunha tableta ou ordenador, para coñecer as distintas formas xeométricas básicas a través de machucar as toupas correctas (as que conteñan ditas figuras) con alumnado de 1º de Primaria, ou mesmo para algún curso inferior.

É moi entretida, así que, para que a coñezades e xoguetes nela, déixovola a continuación! 😜

venres, 5 de marzo de 2021

EDUCAPLAY

Ola de novo a todos/as! Hoxe veño a falarvos da ferramenta EDUCAPLAY, con ela creei unha actividade para relacionar os pictos das emocións con imaxes de persoas reais!

Esta tarefa diríxese a unha idade comprendida entre os 6-7 anos e debe traballarse na materia de valores ✌

Así pois, relacionando os pictos coa imaxe correspondente, aprendéndense as emocións a través do xogo e véndoas reflexadas nos rostros de diferentes persoas!!

Espero que vos guste, déixovola aquí para que xoguedes!! 😀