Déixovolos deseguido para que lle botedes unha visual, contádeme que vos parecen, se coñecedes algún ou ben engadide máis nos comentarios! 👀🔍💻
1. In-TIC: esta aplicación gratuíta posibilita a comunicación, a aprendizaxe e o entretemento mediante un acceso simplificado ao ordenador e ao móbil e un comunicador dinámico.
2. ARASAAC: é un Sistema Aumentativo e Alternativo de Comunicación (SAAC) que emprega pictogramas para facilitarlle a comunicación ás persoas que teñen dificultades no mesmo.
3. AgendaTEA: é unha aplicación para tabletas ou móbiles que serve para crear axendas con pictogramas e/ou texto para precisar as actividades a realizar ao longo do día, aprender a temporalidade dun día, coñecer as letras e asociar cada palabra coa súa correspondente imaxe e, finalmente, tamén pode empregarse como sistema de comunicación mediante pictogramas ou entre a escola e a casa.
4. DictaPicto: trátase dunha app que ten como obxectivo mellorar o acceso á información das persoas con TEA e facilitarlles a comprensión da súa contorna, mediante información visual.
5. LetMeTalk: é unha app gratuita, que permite a creación de frases con pictogramas e a escoita das mesmas, así como a busca de diferentes imaxes ou a creación das mesmas.
6. PictoTEA: esta aplicación está deseñada para axudar a comunicarse a persoas con TEA, TXD ou calquera afección que dane as súas habilidades sociais e comunicativas. PictoTEA permite ser personalizada segundo 5 etapas con diferente grao de dificultade, segundo o avance do suxeito.
7. AutisMIND: é unha app que se centra en estimular o desenvolvemento da Teoría da Mente e a cognición social nos rapaces e rapazas con TEA.
8. Las pelusas se mudan de casa: trátase dun conto dixital e PDF con pictogramas que inclúe tamén unha app interactiva, ambos para traballar o inicio na lectura de alumado con NEAE.
9. Smile and Learn: esta app educativa está destinada a entrenar as intelixencias múltiples e as capacidades congitivas de todo tipo de alumnado (TEA, Down...) con máis de 5.000 actividades, xogos, contos e vídeos en varios idiomas.
10. El ABC de Irene: trátase dunha aplicación que permite escribir frases ou palabras a través de escoitar audios, copiar as palabras que aparecen na pantalla ou traballar con imaxes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario