luns, 29 de marzo de 2021

As formas xeométricas, traballadas co recurso WORDWALL segundo o DUA

Boas amiguiños e amiguiñas! No día de hoxe tráiovos outra ficha de análise e outra adaptación dunha actividade, esta vez da de FORMAS XEOMÉTRICAS, creada co recurso WORDWALL, dende o punto de vista do DUA. Botádelle un ollo e pasádeo xenial nesta Semana Santa! 🎇

Nome do recurso: Formas xeométricas, traballadas co recurso WORDWALL. PINCHA AQUÍ

Contido que traballa: As formas xeométricas. Débese observar con detemento e recoñecer as formas xeométricas que aparecen nas diferentes toupas.

Punto de partida (describir o recurso):

Co recurso WORDWALL, créase a actividade “FORMAS XEOMÉTRICAS”. Nesta, o alumnado TEA ten que fixarse ben e golpear as toupas que teñan formas xeométricas, desa forma irán pasando os distintos niveis do xogo.


Adaptación do recurso segundo o DUA:

  1.  Proporcionar múltiples formas de presentación:

Amais da presentación visual, esta actividade conta con audio (contén sons para cando se golpean as toupas) e poderase oír unha explicación da mesma.

  1.  Proporcionar múltiples formas para a acción e a expresión:

Esta actividade pódese realizar a través das TIC ou senón manualmente cunha adaptación da mesma. Conta cunha táboa de valoración dos resultados, pero estes poden ser expresados tamén de forma oral ou escrita.

  1.  Proporcionar múltiples formas de motivación:

Os recursos visuais e auditivos (que integran a actividade e os engadidos) motivarán ao alumnado á hora de executar este xogo educativo.


Necesidade de mellora:

  • Incorporar un audio explicativo sobre a realización da actividade.

  • Incluir máis opcións de linguas para a elaboración da tarefa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario